22 ene 2018

As pensións na picota

PUBLICADO EN :  Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia



O PP ten desatado un ataque directo contra o sistema pensións, na súa estratexia de derriba desta peza crave do estado de benestar, saqueando o Fondo de Reserva para taponar a fenda xerada pola dispensa do rescate bancario 

Non hai dúbida algunha que a crise do neoliberalismo danou de forma espiñenta o mercado laboral. como así veñen revelar os datos históricos ao constatar que os efectos de contracción do emprego e o inducido aumento do desemprego afastaron a moitas persoas en situación de inactividade, con repercusión mais notoria na esfera dos traballadores de maior idade, que convertidos en parados de longa duración víronse condenados a un desterro laboral sen retorno; resultando que a pesar de tan negativo impacto, na actualidade, os que foron incapaces de predicir aquela desfeita son os mesmos que agora están a pontificar en como darlle solución.

Tan impactante  prexuízo  debeuse  a que  o desaxuste entre a oferta e a demanda non  só acentuou a vulnerabilidade  dos  integrados neste perfil de idade, senón que anulou toda solución paliativa, e así, aínda cando o numero de empregos aumentou nos últimos tempos  en ao redor de medio millónde postos, o desemprego neste segmento laboral é maior que nunca, facendo que as súas  perspectivas de reinserción sigan estancadas en niveis moi baixos, e por tanto sen trazas de saída,  o que lles aboca irremediablemente  a abandonar  o mercado laboral.

Pero a prolongada viaxe pola ruta dun desemprego sen punto final, non só induciu perda ou diminución de ingresos e a definitiva interrupción da carreira laboral, senón que colateralmente, ao tratarse de traballadores próximos á idade de xubilación, a forzada e dilatada estadía nunha conxuntura de precariedade permanente, foi con moito, a peor das continxencias para o futuro da súa pensión, tendo en conta que a negativa repercusión dos seus efectos alcanzou a recortar o seu importe en mais dun 45% do que lle correspondería de non truncarse as súas expectativas polos efectos dunha mala praxe política.

Por canto,  sabido é que o tempo de interrupción   da actividade profesional   de calquera traballador, é unha temporalidade que a todo efecto está excluída oficialmente da  súa vida laboral,  pois o  contido da mesma só inclúe os períodos activos, e excepcionalmente  limitadas fraccións da súa permanencia no desemprego,  sendo  ese ciclo  agrupado o que conforma a efectos reais os seus anos de cotización  e establece o seu dereito   ou  non  a percibir unha pensión contributiva

É dicir, que as interrupcións de cotización aínda sendo alleas ao seu implícito, paradoxalmente, si son aplicables como penalización no cálculo da pensión, pois a pesar da incongruencia da súa utilización, as denominadas lagoas de cotización, contra toda racionalidade, si son utilizadas para determinar o importe neto de prestación por xubilación.

Isto vén significar que  se está  procedendo vía "estafa"  contra  os pensionistas que non puideron cotizar nos últimos anos, co agravante que os artífices de tan anacrónica medida   non son outros  que os propios políticos  que co seu indolente proceder foron  os  causantes da situación de precariedade    laboral  que sofre  o conxunto dos membros  do  sector produtivo e  moi especialmente os integrantes  deste colectivo de risco.

Tomando especial relevancia na actualidade  o  elevado número de afectados maiores de 55 anos que polo feito de non atopar traballo ou ter que cotizar de forma esporádica, como consecuencia do sometemento a tan arbitrario correctivo ven rebaixada a súa pensión a índices de miseria, a pesar de ter contribuido en moitos casos máis de 30 ó 35 anos á caixa da Seguridade Social.

É por iso, que por mais que se insista en atribuírlle obxectividade á regra, o certo é que a súa aplicación produce efectos aleatorios e verificada distorsión dos principios de proporcionalidade e contributividad ,tal é así, que na actual tesitura persoas con equivalencia de nivel, traballando os mesmos anos terán pensión diferente cando se xubilen, e iso pola negativa alteración que xeran as lagoas de cotización, cuxa repercusión pode inclusive ocasionar agravios comparativos mais significativos ao beneficiar a afiliados que aínda tendo menos anos cotizados non estivesen afectados por intervalos de cotización

O esperpéntico é, que despois dos malos tratos  inflixidos   a este colectivo de traballadores que se viron dobremente castigados polas crises dos últimos anos e por tanto afectados  na súa xubilación pola repercusión das referidas restricións,  sexa agora o PP quen a través dunha declaración de intencións maniféstese decidido a cambiar as tornas  flexibilizando o  escollemento dos anos que engloben o cálculo da Pensión de Xubilación, para que deixen de ser de inclusión forzosa os últimos  da vida laboral.

Ademán, que puidese ter  trazas de  verosimilitud   de non ser polas  reformas   do sistema público de pensións dos anos  2011 e 2013 do PSOE e o PP, que ademais  de inducir   considerables  recortes nas  pensións,  ao aplicarse  en paralelo   co reformado  articulo 135 da Constitución e  o  transfondo de  baleiramento  da hucha das pensións levado a termo polo executivo de Mariano Rajoy,  tal conxugación puxo  ao descuberto as verdadeiras intencións  do colectivo neoliberal  que non son outras que acentuar a  precarización  do sistema para así argumentar o seu  desmantelamento

Sendo obrigado como solución   reverter as referidas reformas  e devolver a orixe a contía  do  Fondo de Reserva indebidamente subtraída para o ilícito financiamento do controvertido rescate bancario

No hay comentarios:

Publicar un comentario