16 dic 2017

Unilateralidade enmascarada

A Constitución do 78 asimilada ao aparente auxe da transición, deixou de ser  intocable tras a unilateralidade política que rodeou a reforma do seu artigo 135, que en recondución, esixe un proceso constituínte que coloque os dereitos das persoas derriba  da cobiza dos mercados
A oposición do PP para cambiar a obsoleta Constitución do 78, aínda sabendo que por ser procreada no marco das cortes franquistas está contaxiada no seu contido pola lexislación xestada no seo do antigo réxime; testemuña que para eles, a pesar das arrevesadas connotacións con tempos pretéritos, mantén plena validez, e como acérrimos defensores da mesma farán o materialmente indicible por manter invariable a súa literalidade, salvo que a postulación de mutabilidade veña acuñada polos mercados financeiros cos que se conducen con aberta  flexibilidade.

Conduta que entra en colisión con outros enfoques diverxentes que aconsellan xusto o contrario e que demandan a súa adecuación á realidade dos novos tempos, partindo dun feito contundente, tal é que ao redor dun 65% das persoas que actualmente teñen dereito votar en España non lograron facelo cando en 1978 tivo lugar o referendo constitucional, é dicir, que ninguén dos que actualmente teñan cumprido 57 anos puideron exercer o dereito de sufraxio naquel plebiscito, polo mero feito de non alcanzar a idade regulamentaria para facelo.

Considerando que neste momento son 13 os millóns de persoas que superan dita idade dun total de 36,5 millóns que conforman o actual censo electoral, iso vén indicar que a tempo presente o respaldo efectivo de votantes que referendaron o referendo ha de situarse na cifra efectiva de 7,9 millóns, contía que en adecuación á realidade vén correr o veo para revelar que a Constitución do 78 tan só conta neste momento co referendo do 20% da poboación con dereito a voto, pois os nados despois do ano 60 non puideron facelo, o que indica que 28,6 millóns de cidadáns aínda estando suxeitos á súa disciplina, hase de constatar que non tiveron nin voz nin voto sobre mesma.

Feito que tira por terra a lexitimación esgrimida de forma iterativa desde os foros oficiais ao omitir  intencionadamente a influencia  do cambio xeracional coa intención de dar por certa a mentira e así seguir mantendo que o seu implícito está sustentado por unha maioría da poboación; cando a realidade dos feitos confirma que na actualidade hai menos persoas vivas que votaron a Carta Magna que aquelas que non conseguiron decidir sobre a mesma, e por tanto, argumentos sobrados para insuflar vida á “Constitución dos mortos”, a través dun novo proceso constituínte que contrariamente ao que agora ocorre, sitúe os dereitos das persoas por encima dos beneficios duns poucos.

 Un repaso crítico ao seu acatamento así o transluce, considerando que o cumprimento formalista do seu contexto enmárcase en  aspectos relacionados exclusivamente co ámbito institucional, como as Comunidades Autónomas, as Corporacións Locais, as Cortes Xerais, o Poder Xudicial, o Goberno e a Coroa.

 Non tendo de  pasar inadvertido que no relativo á esfera social, máis dunha vintena de artígos consagrados como dereitos inalienables da cidadanía, foron repetidamente incumpridos cando non vulnerados directamente, como así ocorre cos conectados co dereito á intimidade, a liberdade ideolóxica e relixiosa, o deber e dereito ao traballo, a seguridade social, a redistribución da renda, protección social , sanidade, cultura e moitos aspectos máis, cuxa inobservancia pon de manifesto que o seu quebrantamento continuado lonxe de garantir o cumprimento dos dereitos sociais, induce un demérito na dignidade das persoas que desacredita o seu contido.

A referida  deriva débese fundamentalmente  a que o edificio constitucional do 78 foi construído sen cimentación democrática, circunstancia que induciu unha insuficiencia de solidez estrutural que facilitou a súa debilitación diante a a bomba de reloxería que representou a reforma constitucional do artigo 135, que á marxe da opinión da cidadanía foi imposta parlamentariamente vía urxencia en modalidade de unilateralidade compartida  e consumada a unísono polo PP e o PSOE.

Facilitando a entrada en escena de políticas xa ensaiadas con anterioridade noutras latitudes, cuxa finalidade non foi outra que a constitucionalización da política económica neoliberal de constatables consecuencias anti-sociais e anti-democráticas, un modelo tan sumamente pechado que ademais de restrinxir severamente as marxes de actuación dos parlamentos pechou o paso a toda alternativa de políticas de signo oposto


Unha servil contra reforma constitucional , marcadamente adversa cando non suicida, da que a pesar de todo o Presidente Rajoy segue exercendo de pregoeiro, aínda cando desde a aprobación da súa posta en práctica 
non forneceu efecto algún  nos intentos de reactivar e reorientar o sistema produtivo, nin tampouco como xerador significativo de emprego, e que para maior complexidade ocasionou un impacto mais demoledor no noso país pola súa condición xeopolítica como periferia da eurozona.

Unha contradición mais dos autoproclamados constitucionalistas, pois ao antepoñer a unilateralidade relegando a utilización do plebiscito, puxeron  de manifesto o seu curto percorrido democrático invalidando por inconsecuentes as reprobacións que eles mesmos dirixen a cotío cara ao unilateralismo nacionalista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario