4 ago. 2017

VENEZUELA E A MASS-MEDIA ESPAÑOLA

PUBLICADO EN :  Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia


Sobre o que está a ocorrer en Venezuela, os medios informativos españois non só esaxeran, senón que prefabrican titulares facendo uso da mentira.
 
Dun tempo para acó,   á  maioría  dos medios de información españois véselles máis proclives a prestar cobertura mediática   ao foráneo  que a noticiar o xenuíno, non sendo de estrañar nesta dinámica, que a pesar da distancia que representa  ter o Atlántico por medio, esteamos mais ao corrente  da  identidade e proezas dos mais encumiados paladins  da oposición venezolana que sobre a fumareda tóxica  que xera a nunca extinguida corrupción española.

Pero a ninguén con capacidade analítica debe estrañar  a dinámica de contra información  que veñen utilizando  estes medios  de persuasión neoliberal ultraconservadores, na súa gran maioría propiedade dos bancos e empresas que cotizan en bolsa do Ibex. Pois non hai dúbida  que  este conglomerado   mediático ao que lle gusta verse a si mesmo como o Cuarto Poder, non dubida en exportar prácticas desestabilizadoras  de portas a fóra, como argucia para situar en segundo plano e despistar a información sobre  os múltiples problemas  que conforman  a complexa realidade do propio  país

A cousa vai mais alá, pois na conxura mediática orquestrada internacionalmente coa intención de derrocar a calquera prezo  ao réxime bolivariano de Venezuela, é evidente, que desde  o agrupado  da mass-media española titularidade desas grandes corporacións económicas, non se dubida o mais mínimo  en servir de megáfono a calquera opositor ao goberno do presidente Maduro, coa intención, de satanizar a súa acción política e xerar así a percepción dun ambiente de inestabilidade, dun país vítima do caos; para así xustificar o seu derrocamento pola vía que sexa necesaria.

O alarmante  é,  que mentres  non cesan na  súa dinámica  de reformularse a lexitimidade do presidente venezolano, en liña oposta, manteñen un silencio sepulcral sobre a intolerable  actitude que acumulan no seu haber  moitos outros mandatarios de réximes explicitamente antidemocráticos,  cuxas accións  sobordan a violación continuada   dos dereitos humanos.

Sirvan como referente  de contraste, a recensión  ao rei Mohamé VI de Marrocos, ou a non menos significativa  referencia   aos emires das petromonarquías do Golfo, que devandito sexa de paso, na súa dinámica de esmagar a disidencia e neutralizar aos opositores políticos, executan  esta mesma semana a outras 14 persoas por manifestarse contra do Goberno, sen que curiosamente  neste  caso,  a noticia alcance nos devanditos medios españois un espazo  de primeira plana.

A patente iniquidade  e notoria disparidade  no  trato informativo,  son aspectos que delatan as deseñadas prácticas que veñen utilizando determinados medios de comunicación, do mesmo xeito que  gobernos e formacións políticas de corte neoliberal, co propósito de alterar a situación  no citado país suramericano, e coa exclusiva finalidade  de aumentar  axitación social e meter  presión económica,  ao só  obxecto. de acentuar a crispación e a  inestabilidade, para dese xeito lograr   a finalidade prevista, que non é outra, que manipular os acontecementos prefabricando un clima de inestabilidade, para así, xustificar a planificada intervención estranxeira e con elo o derrocamento de goberno  bolivariano.

As súas prácticas de intoxicación continuada, veñen confirmar que a intromisión destes emporios  mediáticos, á marxe de poñer os seus medios a disposición da oposición, publicitando as súas orquestradas campañas de axitación e involución,  polo demais, menten máis que escriben ao versionar  o que está a ocorrer en Venezuela. E fano, coa maquinada intención de desacreditar o funcionamento dunha revolución de profundo contido social;  silenciando con idéntica finalidade as contrastadas prácticas  de asedio  e guerra sucia  do sector privado contra o poder constituído,  como tamén  as súas chamadas á sedición.

Por tanto, terxiversar a  realidade e utilizar a falsidade para adxudicar  a este país caribeño a condición de “chivo expiatorio” da feroz campaña mediática internacional, utilizando a absurda xustificación de cualificar como «autoritario» ao goberno de Maduro e de «antidemocrático» o seu proxecto político.

É cando menos, unha basta manobra de manipulación da realidade, a ocultación interesada de quen é realmente a oposición venezolana,  ao ser en si mesmo  o verdadeiro motor do conflito  pola sùa permanente dinámica   de perturbación   e desestabilización.

Nesta arremetida  conxunta, onde a alianza de insurxentes     e a mass-media circula en idéntica dirección, o que verdadeiramente está en disputa é o triunfo do neoliberalismo naquel ámbito xeográfico, de aí a complicidade en ataque  da oposición violenta actuando en conciliación  co sector mediático.

Unha alianza de intereses  no marco  non convencional dunha guerra desatada contra os defensores do ideario de Bolivar, en cuxa confortación    a súa vitoria levaría  a consolidación  do proxecto revolucionario de sustentación;  o que supoñería, un pau  ao sistema neoliberal capitalista cuxo efecto contaxio  sería demoledor   para o mantemento  da  súa continuidade na zona.

Sendo por iso   que  a actitude  dos medios de información españois e do seu séquito de acompañamento,  para con Venezuela, excede o límite do  nauseabundo


No hay comentarios:

Publicar un comentario