27 feb 2015

MAIS QUE UN DEBATE, UNHA PANTOMIMA

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

O debate sobre o estado da nación, mais que desenvolverse acorde á súa función, converteuse no pistoletazo de saída da precampaña electoral e nun intento desesperado por rescatar a un bipartidismo decadente.


Neste último debate do estado da nación, os grupos maioritarios do hemiciclo mais que tomar partido pola responsabilidade traendo a colación os verdadeiros problemas do país, e en correspondencia, ás medidas paliativas que a actual conxuntura require como resposta á crítica situación que está a padecer a maior parte da cidadanía, contra todo prognóstico, na súa dinámica de distanciamento coa realidade, os directos implicados optaron polo absurdo empeño de converter o debate nunha reafirmación continuísta do bipartidismo, intentando con iso camuflar a deterioración do sistema de alternancia prodigado polo PP e o PSOE durante décadas, que convertido agora en cancro político ten tocado ao seu fin, como pon de manifesto o feito contrastable, conforme a corrupción, a indignación, Podemos e a réplica cidadá, no seu conxunto, teñan expedido ás dúas históricas formacións a acta de defunción.

Para tal efecto, tomando cumprida conciencia da realidade é obrigado remitirnos ao ano 2011, por ser daquela cando deixando á marxe a vontade popular, ambas as dúas formacións referendaron conxuntamente con ávida rapidez (case nocturnidade e aleivosía), a reforma do artigo 135 da Constitución, e resultar aquela decisión, ademais dun indicador fidedigno da deterioración causada á saúde e calidade do sistema democrático, o referendo institucional que amparou a instauración da austeridade como anacrónico modelo de desenvolvemento, e por extensión, a que facilitou a vía de apertura á implantación do pensamento neoliberal dominante nos establishments financeiros e económicos europeos de prexuízo farto coñecido, e cuxa perniciosa repercusión, tan só sería posible erradicar forzando a reversión de tan hostil xiro constitucional.

Os resultados daquela decisión non se fixeron esperar, sendo perceptible dende o primeiro momento a negativa influencia dos seus efectos, que ademais de impedir a posta en práctica de políticas de crecemento, pechou a cal e canto todo acceso á recuperación polo efecto contractivo que induciron os recortes no gasto público, nun ámbito caracterizado pola falta de crédito e o desmedido endebedamento, que no seu conxunto, puxo de manifesto que a austeridade non era para nada o antídoto que requiría a nosa economía senón a causa do seu quebranto, e que polo tanto, todo proceso de reactivación tería de ser impulsado aplicando medidas de investimento, pois por mais alardes triunfalistas que agora se proclamen anunciando melloría, a gravidade da situación e as súas perspectivas de empeoramento a curto e medio prazo resultan a estas alturas, un todo evidente na percepción maioritaria dos que de xeito directo padecen os seus efectos.

As devanditas consecuencias viñeron a confirmar que a decadencia do sistema bipartidista tivo a súa verdadeira xénese na actitude de chalaneo dos seus membros ante a crise, ao avalar con aquela reforma do marco constitucional políticas ao servizo dos especuladores, como o testemuña o feito de desprenderse da soberanía económica en favor dos mercados, ou o que é o mesmo, o trato de favor outorgado a organizacións dedicadas á xestión dos intereses do poder económico, ás que por pusilanimidade política deixáronas campar ás súas anchas á marxe de todo control e supervisión pública; e todo en prexuízo da economía real, daquela, que en maior medida viría a beneficiar a xeración de riqueza, o emprego e o benestar social.

Por iso resulta duro afrontar o fariseísmo que acompañou o debate do estado da nación, vendo como dende a burda manipulación, os membros da casta política xa metidos en campaña electoral empeñáronse en desigualarse ante a cidadanía, no máis difícil aínda, de facelo, finxindo diferenzas inexistentes cun hipotético adversario, que por coincidencia na acción política estase de acordo no esencial, e iso é así, aínda que agora un e outro nos queiran convencer da súa inocencia a través do despiste de inculparse entre ambos os dous, sen caer na conta que a cidadanía despois de sufrir nas súas carnes a neglixencia das políticas destes figurados contendentes, teñen blindada a súa memoria a toda infección política.

Dando por sentado que a recuperación económica depende da estabilidade e a rexeneración democrática, sobra dicir que polo seu grao de deterioración, o bipartidismo, electoralmente, debe situárselle á marxe de toda intervención do proceso de recuperación, pois na súa alianza e obscena colaboración cos directos promotores da crise, tanto socialistas coma populares, por desgaste institucional perderon toda lexitimidade para exercer papel protagonista nos grandes cambios que a situación do país esixe, falando por se só, o crecente desapego e desafección cidadá cara aos que a través das súas nefastas políticas puxeron a democracia en apuros e ao país ao bordo do abismo.

Xa que logo, á vista dos feitos a conclusión procedente sobre o debate do estado da nación, ten de remitirse á necesidade de implantar proxectos políticos de renovación que marcando o punto final de épocas pretéritas, poñan no centro da decisións a xentes de refresco, a homes e mulleres de probada solvencia, en substitución de brokers  enmascarados tras o uso indebido do contrabando político.

20 feb 2015

FENE: SEN CAMBIO NON HAI FUTURO

Como consecuencia dunha sobredose de bipartidismo e un empacho de austeridade, en Fene, de non se afrontar os cambios necesarios mediante políticas de dinamización, a reactivación económica e a creación de emprego será pura entelequia.

Dicir que todo o país esta patas arriba é un todo evidente, pero se hai un  recanto no marco xeográfico do Estado que sufrise no seu territorio a máxima severidade dos desmandos desvastadores do bipartidismo do PP e PSOE, non hai dúbida que temos de apuntar cara ao zorregado concello de Fene, pois ese enclave municipal da Galicia setentrional a pesar de reunir as condicións óptimas para ter garantido o seu futuro e resolta en boa medida a crise coa solvencia debida, como consecuencia do cúmulo de atropelos inferidos á súa estrutura produtiva por ambas as dúas formacións políticas, este Concello contra todo prognóstico foi situado na antítese da racionalidade, ata o extremo, de levar  35 anos colmando o esperpento de dispor dun estaleiro para non facer barcos.

A dialéctica urbanística do municipio expresada en escala de patrón industrial, fai aínda mais incomprensible o seu actual estado de deixamento, máxime cando dispón de "vitamina territorial" dabondo para incrementar se cadra a condición de liderado industrial que ostentara noutros tempos, pois non en balde, é de referir que mais da ventaba parte do seu ámbito espacial urbano ten consolidada a condición de solo industrial, incentivado pola excelencia do seu estratéxico emprazamento e a achega dunha fluída comunicación.

Unha sorte de vantaxes que chocan frontalmente coas nefastas políticas levadas a termo polas organizacións que en alternancia ostentaron o Executivo estatal, e cuxa fatídica repercusión fixo que o uso e destino dos dous polos que conforman o tecido produtivo do municipio, mais que funcionar como acicates da reactivación económica e do emprego, a tempo presente, estean maiormente infrautilizados ou totalmente inactivos, circunstancia que ao impedir o desenvolvemento da actividade produtiva coarta toda solución de futuro.

Así é como os 900000 m2 de superficie marítimo - terrestre ocupados pola que fora a mais cualificada e funcional factoría naval do Estado, consecuencia de repercutir politicamente ao estaleiro o maior "peso" das restricións impostas pola integración na Unión, sumado aos prexuízos por discriminación territorial no marco do Estado, convertesen o devandito espazo nun necrópole industrial, onde a tempo presente só quedan os enterradores, e como sarcástico signo do seu apoxeo de outrora, a inútil mole do pórtico grúa convertido para a ocasión nun irónico tótem estático.

De igual xeito, os 475000 m² do polígono industrial de Vilar do Colo, creado especialmente para paliar o negativo impacto causado pola crise do sector naval ao tecido produtivo da localidade, non cumpriron en modo ningún as expectativas previstas ao abortarse no tempo a dinámica de crecemento que inspirara a súa implantación, e impoñerse en sucesión o regresivo formato dunha incoherente austeridade. Unha decisión política que por anacrónica converteu o seu ámbito no mellor termómetro da crise, expositivo dun escenario desolador,  acorde a un espazo inconcluso sementado de farois, con naves pechadas ou a medio executar, que derivou en desertización polo decaemento inducido da actividade empresarial, a falta de expectativas e a supresión das fontes de financiamento.

Se en boa lóxica o que Fene precisaba para saír do atranco era xusto o contrario do que vén de suceder, o corolario das tres últimas décadas converteuse no prólogo da continuidade, e iso é así, pola analoxía efectiva entre o bipartidismo dos dous de sempre, que habituados á farsa de utilizar a mudanza política como variable de opinión en función ao papel de goberno ou oposición, chegada a hora da verdade, nos seus ciclos de alternancia no Executivo estatal, uns e outros, puxeron de manifesto a súa incapacidade política e a súa falta de autoridade executiva para dar saída ao maior escollo do municipio, poñendo de relevo co seu disidente proceder que ambas as dúas formacións políticas por insolventes, mais que constituírse en solución convertéronse no auténtico problema.

Por iso, cando os chamados a rexer o noso destino fano de costas á realidade cotiá con reincidente proceder, o resultado non pode ser outro que a frustración colectiva, e cando a situación creada como é o caso, excede socialmente os límites do levadeiro, cando iso acontece e sobreexcédese toda marxe de confianza, non queda outra que poñer freo á continuidade do prexuízo apostando polo recambio e desaloxando do poder os directos responsables da situación para dar vitalidade á democracia e transformar o mapa político coa finalidade de converter a maioría social en maioría política.

Pois sería un contrasentido seguir outorgando confianza a quen podendo facer xusto o inverso, ademais de estancar o crecemento e provocar unha paulatina perda de poboación, coas súas adversas decisións, converteron o municipio nun inhóspito laboral, como cifra o 27,6% de paro xeral e un 54,3% de paro xuvenil, e todo, cando Fene co aproveitamento das súas potencialidades e sinerxías non tería que estar a padecer o actual calvario.

13 feb 2015

UNHA DAS DÚAS ESPAÑAS

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

As continxencias derivadas da marxinación e desigualdade social, non só ensancha a brecha entre ricos e pobres, senón que provocan alto risco no funcionamento e a estabilidade democrática.

Alá por 1912 o insigne Antonio Machado, plasmaba o escenario da España bipolar daquela época mediante a publicación do seu famoso poema Españolito, que versionaba a dualidade enfrontada entre unha España progresista disposta a abrirse paso cara á modernidade, e a outra, conservadora, empeñada en pechar todo acceso á primeira; é dicir, un contraste de valores entre os que confiaban o futuro á superación e á forza de vontade do conxunto da cidadanía, e outros que no extremo oposto o encomendaban ao destino determinista do existente, ou o que é o mesmo, ao ditado dos seus propios intereses.

Pois ben, xusto un século despois, cando en boa lóxica tras a instauración da democracia debese quedar superada aquela bipolaridade discordante, paradoxalmente, é cando os proverbios escritos polo poeta hispalense cobran maior actualidade, ao así, por mais que moitos crésemos sorteada aquela etapa, tamén agora se lle xea o corazón ao mais pintado ante a realidade diverxente dunha sociedade escindida, nesta España de paridade contraposta, onde as miserias dos marxinados entra en confrontación coa opulencia dos agraciados, xa que a súa profusión por dilatada, trae a colación, que as amargas experiencias sufridas por millóns de españois naqueles tempos, mais que formar parte da historia toman corpo de actualidade.

Polo tanto, negarse a recoñecer esa evidencia como fai o presidente  Rajoy vestindo de rosa intenso a realidade do país, ten por equivalencia, asumir como propia a autoría da conflagración que en cernes ameaza con librarse entre as dúas esferas disentidas da nosa estrutura social, é dicir, entre a clase media que conxuntamente cos grupos máis desfavorecidos sufriron o maior impacto da crise, cuxa severidade repercutida situou a mais de 13 millóns dos seus afectados en risco de pobreza e exclusión social, contra aqueles outros que en versión oposta, sacan partida da situación utilizándoa para afianzar aínda máis as súas desmesuradas plusvalías, tal como pon de manifesto os exorbitantes 9.756 millóns de euros de beneficio neto dunha banca recén rescatada con diñeiro público, ou  no seu caso, o record de rendementos conseguido en plena crise polas empresas do Ibex 35.

Resultados que por contrapostos son a perfecta reprodución dunha as mais anacrónicas achegas do neoliberalismo, comunmente recoñecida como a "sociedade dos dous terzos"; aquela onde o sistema político dominante, para preservar os seus propios privilexios, granxéase aliados á súa causa garantindo estratexicamente como dación en pagamento, a interinidade económica e laboral das dúas terceiras partes dunha poboación que se cree favorecida, ao tempo, que desamparan sen contemplacións ao terzo restante, prostrándoo na miseria e a exclusión, consolidando así a dinámica do "sálvese quen poida" coa finalidade de lograr o enfrontamento e a fragmentación social, para dende a división, ensanchar as desigualdades coa supresión dos recursos de protección social na súa vertente redistributiva e asistencial

De aí que a enorme deterioración que a cohesión social experimentou no noso país durante os últimos 7 anos, sexa sen dúbida a causa da crecente fractura social e do severo aumento das desigualdades, pero con todo, a verdadeira natureza da situación parte das continuas e perversas medidas que en idéntico período foron articuladas polo dueto gobernamental PSOE - PP, e que paulatinamente ademais de debilitar ata a extenuación ao Estado de Dereito, fixeron da democracia unha parodia e un libelo da Constitución, para así, invocando a salvación do país coa crise por tapadeira, impoñer como modelo de convivencia, o neoliberalismo máis descarnado e completamente inverso ao sustentado por consenso constitucional., utilizando este ámbito de conveniencia para levar a remate a operación de desmontaxe do Estado de benestar e a redución á mínima expresión dos sectores máis sensibles do Estado social.

Estas prácticas por degradante son expositivas que a nosa democracia non pasa polo seu mellor momento, e que os obrigados en primeiro termo a salvagardar a súa continuidade, desertaron apostando pola involución, coa ostensible intención de devolvernos ao noso pasado máis escuro como pon de relevo a ofensiva desatada contra o marco constitucional, e o ataque sen cuartel contra o modelo de convivencia como aos nosos dereitos sociais; medidas que pola súa tinguidura extremistas son a reafirmación de vellas teses, que á parte de resucitar o espírito belixerante das dúas Españas teñen por perversa finalidade acentuar as desigualdades entre a cidadanía coa expresa intención incitar confrontación.

A última palabra sempre deben tela as urnas, de aí que a pesar de todo, ninguén nos seus cabais ten de  entrar á provocación que tenden os actuais axitadores políticos, empeñados en reproducir no país as dúas Españas de outrora, para que sexa unha delas, como dicía o poeta, quen nos xee o corazón.

6 feb 2015

CRISE E CULPABLES

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

Tanto o PP coma o PSOE, ao subordinar vía Constitución o financiamento da débeda ao xogo especulativo dos mercados financeiros, pecharon todo acceso ao crecemento, e conducíndonos a austeridade como remedio, sumíronnos na crise a perpetuidade.


En todo problema é inverosímil sortear os seus efectos sen erradicar as súas causas, obxectivo totalmente imposible de lograr sen obter coñecemento exhaustivo do factor xerador da súa orixe, pois sen a premisa de ter despexada esa incógnita, toda formulación de solución será ademais dunha perda de tempo un exercicio de negación; sendo xustamente esa, a dinámica que marca o proceder dos que politicamente facendo de custodios do poder seguen promovendo remedios inútiles como solución á descomunal crise económica, sen entrar a afondar nas súas raíces nin diagnosticar a xenética da súa paternidade.

Pero a pesar da actitude de escolta que presta esa maioría política para cos artífices da actual adversidade e o seu empeño por escapulir toda referencia proxenitora da crise, coma se esta non tivese culpables e emerxese por xeración espontánea, aínda cando, tras o velado anonimato existe concreción identitaria, pois os directos responsables da situación por mais amparo político que alberguen teñen nome e apelidos, cuxa plasmación correspóndese á dos que moven en primeiro termo os fíos da economía co beneplácito e servilismo dos gobernos do bipartidismo; que non son outros, que os mesmos que tras unha inmerecida reputación fabricaron unha crise de deseño, cuxa virulencia repercutida na cidadanía repórtalles vantaxosos intereses como resultado das medidas de austeridade impostas.

De todo xeito, que non haxa dúbida ningunha á hora de adxudicar culpabilidade da situación, pois se evidente é a implicación do tándem conformado polos axentes do poder económico e os seus satélites políticos, non é menos certa a incorrección dun electorado que por neglixencia crédula, incorre de forma repetida en outorgar confianza nas urnas a unhas formacións políticas adictas á malversación do rédito electoral con fins distintos á motivación do seu outorgamento, e que a pesar do seu carácter reiterado, esa maioría electoral, insisten na cotianeidade de reafirmar aos fraudulentos en todos os comicios en vez de proceder en consecuencia aplicando a réplica correctiva do voto de castigo.

Sendo ese referendo electivo cara a unha clase política que nun papel de dobre xogo, chegada a hora da verdade, preferencia lealdade a ultranzas ás altas finanzas en detrimento dos intereses da cidadanía, facilitando con iso que os mercados financeiros a pesar de nunca presentar candidatura, nin resultar elixidos, indirectamente, sexan quen na práctica  fanse co triunfo electoral, para así, como receptores de tal condición proceder en consecuencia, e pasando folla ao seu negro capítulo como responsables da crise, usurpando a vontade popular por renuncia política tomar o papel protagonista da economía, ao só obxecto de tirar proveito desta, dando continuidade con iso á súa dinámica especulativa, e esta vez, co apoio das máis altas esferas do Estado e á marxe de toda regra democrática impoñer a súa xerarquía nos corredores do poder.

Aínda cando o expresado é a foto fixa dunha democracia desvalorizada e á súa vez a plasmación da nosa realidade política, o partido do Goberno persistindo na súa astucia de adulterar a realidade, lanza agora a través da mass media un camaleónico mensaxe coa única finalidade de difundir unha aparencia institucional asociada á rexeneración democrática, nun estúpido intento de curar a enfermidade terminal que padece o sistema, utilizando por todo remedio unha maquillaxe de simulación; cando toda iniciativa orientada a lograr a rexeneración democrática da vida pública do país, pasa forzosamente por levar a termo unha reforma global da acción política dando maior cabida á sociedade civil e ás opinións concretas da cidadanía, e sobre todo, poñendo en práctica unha axenda de radicalismo democrático coa finalidade posta en rescatar o poder perdido tomando control político da economía.

Por iso, mentres estas esixencias non tomen nota de certeza, mais que sentir influencía da tan publicitada rexeneración democrática, percibiremos, a continuidade da cada vez mais arraigada estratexia da distracción; esa práctica habitual consistente en desviar a atención da cidadanía dos problemas importantes mediante técnicas de despiste e adulteración, que impidan aos electores tomar nota da realidade, para así suprimindo a súa capacidade analítica mediante un curto circuíto na súa racionalidade, suprimirlle todo sentido critico para poder así manter cativa a súa vontade e seguir utilizándoo como un maleable electoral.

De aí que aínda sendo múltiples os promotores responsables da crise, a directa culpabilidade haxa de adxudicárselle exclusivamente a quen ostentando politicamente o poder Executivo, en vez atallar o estraperlo dos mercados financeiros, danlles ás para proseguir na súa hostilidade especulativa.