31 may 2013

O RETORNO DO "DÚO QUILOVATIO"

PUBLICADO 01/06/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Hai excesos inaceptables e este é un deles, pois cando un país sofre os rigores dunha crise económica, resulta cando menos intolerable que dous político millonarios, a soldo das eléctricas e da mass media, cun curriculum transitorio, teñan o descaro de erixirse en redentores da situación.

Por se o desvarío político non fose suficiente con Rajoy, o desatino toma condición de esperpento coa entrada en escena do "Dúo Quilovatio", esa parella de comparsa que 
conforman González e Aznar, dous expresidentes que amplificando a súa pensión vitalicia coa forza de enerxía que respectivamente lles reportan as eléctricas Gas Natural - Fenosa e Endesa, decidiron excluír do seu repertorio o aconsellable ritmo do silencio e saír á palestra para interpretar por separado a súa singular versión da "síndrome de Hybris", unha desmesura psicolóxica dos que perden o contacto coa realidade e incapaces de desconectarse de egocentrismo súmense na excentricidade narcisista coa única intención de alimentar o seu trastorno enfermizo pola conquista da gloria eterna.


Hai excesos inaceptables e este é un deles, pois cando un país sofre os rigores dunha crise económica, resulta cando menos intolerable que dous político millonarios, a soldo das eléctricas e da mass media, cun curriculum transitorio, teñan o descaro de erixirse en redentores da situación e sen o mínimo reparo, xogando a patriotas, intenten fascinar o cidadán da pé a través de fantasiosas receitas, coa malsá intención de despistar responsabilidades, coma se eles, ex presidentes de goberno estivesen por enriba do ben e o mal e fosen parte allea ao problema.

Aínda que ambos ex mandatarios, defenden fórmulas antitéticas para afrontar a crise, non obstante, son coincidentes en recoñecer que non a viron vir. Incomprensible casualidade dos que agora intentan evadir responsabilidades, cando é probado, que foron eles o detonante da súa orixe, toda vez que a crise non chega aos nosos días por xeración espontánea, e para tal efecto débese precisar, que nin a corrupción, nin o desmantelamento do modelo produtivo, nin a burbulla inmobiliaria, nin a decadencia do sistema bancario foron creados en tempo presente senón que son consecuencia das nefastas políticas dos anos oitenta e noventa, debendo recordalles polo tanto, que as causas do actual derrubamento mais que buscalas no tempo presente deben localizalas no espazo temporal que arranca coa transición e polo tanto que implica a ambos os dous ex mandatarios.

Felipe González debera apearse da súa altivez para evitar a persistencia no erro, e así poder
corrixir os seus desvaríos que non son poucos. De curar a súa permanente borracheira de poder e encontrarse a realidade, non lle quedaría outra, que asumir os prexuízos ocasionados ao país polo seu atordado ingreso na UE, cuxas consecuencias foron demoledoras, afectando a máis non poder ás actividades incluídas en reconversión como os estaleiros galegos e gaditanos, a minaría asturiana, Ensidesa, a industria de automoción e un extenso etcétera, que marcou o punto de inflexión dun boiante sector industrial, que dun 28,6% do PIB da época, como consecuencia do forzado declive caeu a mais da metade, ata se situar no actual 16,9%.
Engadir igualmente a mínguaa que representou para o sector primario, que dun 7,1%, quedou reducido a un índice simbólico do 2,7% do noso PIB.

O que Aznar chegou a definir recentemente como o seu milagre económico, realmente contrariando os seus postulados, tense que dicir, que non foi o mellor período da nosa democracia senón outro detonante do actual desastre; reafirmación sustentada no ficticio do seu soño inmobiliario cuxa excedida dimensión incrementou a exposición aos prexuízos da crise financeira mundial, arrastrando na  caída o país ao primeiro posto do ranking do paro de Europa. Sendo espectacular o descenso do emprego no sector, que dende o 13,3% da súa situación mais álxida, derrubouse ata un exiguo 6,4% con marcada tendencia decrecente.
Como agravante das súas fazañas de goberno, é Aznar quen consuma o colmo do disparate vendendo as grandes empresas públicas, operacións tan absurdas como ruinosas que privatizou a prezo de bagatela firmas que hoxe en día a pesar da crise repártense cuantiosos dividendos,Tabacalera, Repsol, Gas Natural, Argentaria, Telefónica, Endesa, Aceralia, etc.

Por iso que da interpretación do "Dúo Quilovatio", mais que destacar as súas milagrosas receitas, en boa lóxica, teremos de centrarnos en avaliar a súa verdadeira repercusión, caracterizada por unha terciarización da economía. Factor indicativo da existencia de fortes desequilibrios dentro da estrutura dos sectores produtivos que conforman noso tecido empresarial, extremo que cara á planificación dun programa empresarial contra a crise, fai obrigado que teñamos que considerar en primeiro termo a reorganización intersectorial, por canto, non existirá reactivación económica, sen a realización dun ordenamento previo dos segmentos produtivos necesarios.
Sendo conveniente polo tanto, que este par de ególatras baixen xa do pedestal...!.

25 may 2013

EMPRESAS EN EXTINCIÓN

PUBLICADO 25/05/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Resulta inadmisible que o Goberno, en vez de paliar a situación  aplicando alternativamente medidas de efecto positivo, manteña prorroga coa arbitrariedade dando continuidade ás políticas que provocaron o desastre.

Cando ter unha empresa mais que unha vantaxe para o interese xeral convértese exclusivamente nun problema unilateral do empresario, é evidente que a política institucional en materia empresarial circula en dirección contraria á traxectoria debida, e iso indica que o Executivo que debese evitar tal circunstancia, por baleiro de receptividade e demais aspectos engadidos, non asume como propio o rol de relevancia que ten de desempeñar a empresa como elo da cadea produtiva, e á vez, como referente primordial para garantir a suficiencia socio - económica do país.

De aí, que neste contexto de negación as cousas tomen tendencia a empeorar, pois cando os mediocres que nos gobernan dedican todo o seu empeño a favorecer as algarabías do mercado especulativo mentres relegan ao ostracismo a actividade empresarial xeradora da economía produtiva; resultará evidente, que se a clase empresarial afectada por tales desmandos ademais de non combater enerxicamente as incoherentes políticas de austeridade, opta pola autosatisfacción, definitivamente, as cousas non só agravaranse, senón que o colectivo patronal converterase en testemuña indolente da súa propia agonía.

Por iso en pleno cansazo de política neoliberal, cando a historia demostrou a negación dese prototipo, e a caída do mito dos ciclos económicos e da bonanza continuada deu paso a unha crise multiforme de alcance global; resulta inadmisible que o Goberno, en vez de paliar a situación  aplicando alternativamente medidas de efecto positivo, manteña prorroga coa arbitrariedade dando continuidade ás políticas que provocaron o actual desastre e que lonxe de favorecer a harmonización acentúa o fortalecemento das grandes empresas, producindo un debilitamento das pemes e autónomos, que afectados por unha mingua de capacidade operativa quedan excluídos do proceso produtivo.

Os sectores empresariais prexudicados, mais que outorgar credulidade a mensaxes incertas, están obrigados a tomar encontro coa realidade e asumir dunha vez por todas que as proxeccións destas dinámicas de corte neoliberal non lograron alcanzar as metas prometidas dende o seu inicio, e polo tanto, lonxe de ser unha estratexia de crecemento económico e de estabilidade, a súa posta en práctica demostrou a función oposta, provocando que as pequenas e medianas empresas se vaian á quebra, aspecto que ademais da afección directa, ocasiona repercusións extensivas ao xeneralizar o desmantelamento da estrutura produtiva

Extremo que vén de confirmar que este tipo de dinámicas lonxe de fomentar o fortalecemento da economía e a estabilidade empresarial, acentúa a recesión, circunstancia que ocasiona unha complexa situación ao cobrar novas vítimas entre a masa de poboación, afectadas polos niveis de desemprego e de pobreza.

Pois ben, recoñecendo que o groso do tecido empresarial está formado por pemes, sabendo igualmente que cando no 2008 os bancos pecharon a vía do crédito, mais de 400.000 empresas por falta de financiamento se viron achegadas  ao peche de actividade, dicir, que ao igual que os gobernos inxectaron miles de millóns para frear aquela sangría, tamén toleraron que as entidades bancarias receptoras, utilizasen o diñeiro para outros mesteres distintos á finalidade prevista, mentres proseguían os peches en cadea das actividades empresariais.

Por non perder os malos hábitos, agora aplicando idéntico formato político, sen modificar pautas nin garantías de financiamento, o executivo de Rajoy, á marxe da mínima reflexión, acaba de aprobar a anunciada Lei de Emprendedores; un novo referente da reactivación que anticipa disfuncións en razón diverxente entre o seu contido teórico e a inviabilidade práctica, e cuxa nulidade de resultados fala por adiantado.

Xa que logo, toda planificación contra a crise para a súa efectividade, é condición sine qua non. que veña precedida dunha reorganización que garanta o reequilibrio e a diversificación dos sectores produtivos, formulación que igualmente ten de obrigar o fin da economía imperfecta subtraendo carga de austeridade en favor do crecemento, non admitindo, por activas políticas sustentadas no monopolio dos mercados especulativos.

A tal efecto a clase empresarial como axente da economía produtiva, ten de tomar papel protagonista, participando activamente na recondución da situación, facendo valer a súa vocación inequívoca, que non é outra, que contribuír como agrupación colexiada, na xeración de emprego e riqueza

17 may 2013

A DECADENCIA DE MAASTRICHT

PUBLICADO 18/05/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Por iso que a solución á crise, lonxe de comprenderse mediante os diverxidos postulados de austeridade formulados pola Troika, ten de conseguirse sobre alternativas diametralmente opostas. 


Cando en plena transición os sectores involucionistas ameazaban con abortar o proceso de transformación, a maioría política comprometida coa evolución progresista identificou a Europa como a solución estabilizadora, por entender que a integración nas institucións europeas era a referencia indispensable para subtraer exposición ao risco golpista e garantir así mesmo solidez á nova e fráxil democracia española.

Deixando á marxe opinións diverxentes con tal consideración, é un equívoco, que a estas alturas sigamos identificando aquela Europa idílica coa entelequia dunha verdade oposta. Unha nova realidade que xurdiu pola implantación da moeda única entre países de desigual condición económica; por canto a máxima expresión da Europa de Maastricht, obrigou que países como o noso entregasen a súa soberanía financeira ao Banco Central Europeo (BCE).

Entidade bancaria que dende o primeiro momento de unificación monetaria, lonxe de cumprir a función de Banco Central, defendeu en exclusiva a doutrina neoliberal atendendo aos ditados do establishment económico, financeiro, mediático e político; decisión, cuxos prexuízos afectaron en maior grao aos países periféricos en beneficio dos países centrais da Unión, e moi especialmente, en vantaxe dos bonos do Estado alemán.  Lucrativa condición que outorgou a este país o dominio absoluto en captación investidora, primacía que por engadido, veu a establecer que a economía europea teña por referente exclusivo as determinacións da economía alemá.

Neglixente comportamento da entidade bancaria da Unión, que a pesar de xerar agravios comparativos e graves problemas socio económicos entre países adxacentes, paradoxalmente contra todo prognóstico, tales decisións contaron co referendo dos gobernos dos estados prexudicados, actitude reprobable que fai crecer o grao de hostilidade cara aos representantes políticos, que en razón á súa censurable actitude son percibidos pola poboación como comparsas desta institución bancaria e do agrupado dos mercados e entidades financeiras que dirixen o cotarro. Proceder que acentúa o descrédito dos representantes públicos ameazando a vez a estabilidade democrática e a solidez do propio estado de dereito.

Durante os 14 anos transcorridos dende a creación do euro, a clase política do país pasou os nove primeiros anos enfrascada no soño do boom inmobiliario e no contexto daquela euforia, non tivo alcance de miras para enxergar coa antelación debida a outra realidade que se estaba a xerar. Así foi como chegado o cambio radical do 2008, a nova realidade nos apeo de euforia e da noite á mañá tivemos que abandonar o papel de "ricos" para ter que asumir con todas as consecuencias a evidente posición debedora da nosa economía fronte ao exterior, extremo que provocou a entrada en quebra do país, á que sobreveu unha penetrante recesión cuxos nocivos efectos, a tempo presente seguen mantendo plena vixencia.

É nesta nova tesitura cando se percibe en maior medida que a pertenza á UE, mais que unha
vantaxe representa ser unha complexidade engadida, por canto, en situaciónextrema como a referida, cando a necesidade de financiamento debese ser cuberta directamente pola autoridade monetaria, o lobby da banca alemá que domina o BCE, impide que o Banco Central compre débeda pública aos Estados, impoñendo a intermediación da banca privada, a través de operacións cun diferencial de intereses desorbitados.
A excepción para que o BCE afronte directamente a compra de bonos públicos, leva implícito que o estado peticionario desmantele todo referente do seu Estado do Benestar e rebaixe as condicións de vida da poboación traballadora, procedemento  dirixido a a satisfacer  os intereses do capital financeiro.

Por iso que a solución á crise, lonxe de comprenderse mediante os diverxidos postulados de austeridade formulados pola Troika, ten de conseguirse sobre alternativas diametralmente opostas, mediante propostas de proxectos doutra natureza, partindo da premisa excluínte que a Europa de Maastricht ten de perder toda vixencia en razón á deterioración que a súa aplicación leva consigo, por ser causa de detracción dos valores democráticos, e orixe promotora da subtracción da soberanía popular.

Se ás limitacións expostas engadimos a excesiva primacía que cobrou Alemaña como país hexemónico e o volume desmedido dunha débeda impagable, é máis que evidente que España non pode saír da crise sen romper o nó gordiano do euro, non existindo outra elección, que saírse do actual sistema monetario co fin de recuperar a soberanía e impedir con iso a derruba definitiva do país.





10 may 2013

O PARO VÍSTESE DE LOITO


PUBLICADO 11/05/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia

E mentres os efectos secundarios da sobredose de austeridade segue facendo estragos no mercado laboral, os que fai un trienio defendían como única solución á crise, o axuste do gasto e subidas de impostos,  agora, tres anos despois, politicamente están obrigados a render contas e recoñecer o fracaso das súas medidas.

Caterva de descerebrados, esa é a denominación mais suave que define con precisión a esa prole de irresponsables que dende a alternancia bipartidista, uns e outros, conxuntamente ou por separado, a través das súas disparatadas políticas remataron por inverter o estado da normalidade botando a perder coa estabilidade e o progreso.
Un cambio de paradigma que puxo o país patas arriba, inmerso nun masivo escándalo de corrupción política, onde a riqueza ilícita dos presuntos implicados contrasta cunha situación de empobrecemento da cidadanía e un gradual estado de conflitividade social, no cal as manifestacións contra a austeridade, as preferentes, os desafiuzamentos, o desemprego, etc., sucédense, acentuando un estado de axitación ascendente que en modo algún augura nada bo, e que lonxe de conducirnos polo camiño da estabilización fórzanos a transitar por rumbos de eventualidade. Iso polo menos é a conclusión que se desprende ao confirmar a coincidente identidade entre os causantes do contratempo e os dedicados a reconducir a situación.


Este acumulado de desordes e contradicións, no seu conxunto, non fixo máis que xerar unha situación explosiva, cuxo expoñente mais alarmante foi sen dúbida o triunfo da economía financeira sobre a economía real e a vitoria dos fluxos financeiros sobre os sectores produtivos.
Afianzamento que entre outros prexuízos derivou nunha fractura social sen parangón, cuxo expoñente mais inquietante represéntao o alarmante desemprego que a pesar de liderar o ranking da preocupación cidadá, as previsións disparan mais pesimismo ao  predicirse ata final do ano un engadido de medio millón de afiliacións ás listas do INEM, agravamento que situará a taxa de paro nun novo teito porcentual, constrinxindo vías de solución aos demandantes de emprego.

E mentres os efectos secundarios da sobredose de austeridade segue facendo estragos no mercado laboral, os que fai un trienio defendían como única solución á crise, o axuste do gasto e subidas de impostos, á vez que aprobaban de forma urxente unha reforma constitucional que consagrase a eficacia de tales medidas, agora, tres anos despois, politicamente están obrigados a render contas e recoñecer o fracaso das súas medidas, por canto, a pesar da severa disciplina de aplicación, o certo é, que dende aquel maio do 2010 o endebedamento público se incrementou en máis de 300.000 millóns de euros e o déficit público, que na época era do 9,7%, agora pasado ese tempo subiu ata o 10,6%.


Referentes expresivos que demostran que a pesar das estritas medidas de austeridade, a economía do país mais que reactivarse sumiuse nunha profunda recesión, cuxa repercusión tivo o seu impacto mais negativo no ámbito laboral, toda vez que os niveis de desemprego víronse afectados en maior medida pola negativa influencia das súas condicións constritivas, que neste curto período de cruzada contra o déficit, xerou dous millóns de parados, ou o que é o mesmo, fixo crecer o nivel de desemprego da época, que dende un 20%, elevouse a unha desorbitada taxa do 27,16%, ata superar os fatídicos 6,2 millóns de parados.

Grave situación que toma magnitude de desastre, ao verificar, como a contía de parados de
longa duración supera a metade do total censado, ou o feito alarmante que o número de fogares con todos os seus membros no paro anda próximo aos dous millóns, sen esquecer a extrema precariedade do 37% das persoas, que apuntadas ao paro non cobra prestacións por desemprego.

Drama crecente que arranca tinguiduras tráxicas ao tomar nota da despreocupación e ineptitude dos coautores artífices da situación, e especialmente ao escoitar as declaracións do presidente Rajoy, asegurando, que a súa é "a mellor política de emprego posible"; unha estrambótica afirmación, cuxo único significado vén a confirmar que o paro seguirá crecendo, e iso é así, aínda que o xefe do Executivo intente sumir nun estado de fantasía ao colectivo de afectados, para facelos crer que a través das súas políticas de ficción o Goberno devolverá oposto de traballo aos parados. 

Deberan asumir dunha vez por sempre que a función do político non é crear emprego, pois quen ten atribuída esa facultade son as empresas; non obstante o político, si debe impulsar ese obxectivo con medidas axeitadas a tal finalidade, aplicando receitas efectivas que rebaixen o exceso de austeridade e reorienten o modelo de crecemento, premisa básica para frear a destrución do tecido produtivo que provocou o peche de miles de empresas e por derivación causou o derrubamento da actividade laboral, e mentres esa determinación non se produza, a loita contra o desemprego será simplemente inútil; pero ao parecer a preferencia é seguir exercendo de socorristas do sector financeiro para tranquilizar os seus socios do euro e aos prestamistas internacionais. En España morreu o emprego..!




4 may 2013

A "XERMANOFOBIA" FERVE NO SUR


PUBLICADO 20/04/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia

A imposición merkeliana de austeridade, non é unha solución á crise senón simplemente unha inconsistente estratexia do goberno e a banca alemá, cuxa verdadeira finalidade, é saquear ao sur de Europa ao só obxecto de tapar o seu colosal burato financeiro.


A hexemonía política de Alemaña no seo da Unión Europea cada día faise mais significativa, e o obxectivo das súas esixencias conducidas a través da Troika, (Comisión Europea, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Central Europeo), levan camiño de destruír a cohesión social no vello continente.

Disensión cuxo prexuízo se fai mais ostensible nos países do Sur, os que de non tomar accións de defensa inmediata para poñer fin ás receitas neoliberais impostas dende Berlín, os seus gobernantes serán cómplices dos seus propios erros, ao tolerar indebidamente unhas políticas de uniformada austeridade que colisionan coa diversidade inversa, cuxa continuidade ameaza con conducirnos ao desastre económico e social, por canto mais que unha solución, esta atípica secuencia supón entregar a riqueza xenuína ao promotor responsable da fórmula de extorsión.



A pesar da contundente evidencia dos feitos, hai países extremadamente prexudicados por estas políticas, que a pesar dos efectos, os seus dirixentes, nun alarde de vulgaridade fan seu o recorrente discurso sobre a crise da débeda, para xustificar como solución de recuperación económica, a aplicación de drásticos recortes cuxo resultado característico se traduce na consolidación dun profundo malestar social, agravado por un record en pobreza e desemprego.

Non podendo aspirar ningún político minimamente documentado a lograr outro alcance distinto ao resultante dunha realidade complexa, toda vez que a imposición merkeliana de austeridade, non é unha solución á crise senón simplemente unha inconsistente estratexia do goberno e a banca alemá, cuxa verdadeira finalidade, é saquear ao sur de Europa ao só obxecto de tapar o seu colosal burato financeiro.



Por iso que ante esta contrastada evidencia, non é de recibo o comportamento que manteñen algúns mandatarios dos países afectados como resulta ser o caso do presidente Rajoy, quen a pesar do contrastado xiro depredador desatado polo goberno teutón contra os países do Sur da zona euro, segue mantendo o seu apoio ás políticas de quen coas súas accións especulativas está a quebrar a soberanía económica e a estabilidade do noso país, ao repercutirnos as perdas dos seus propios bancos, coa estratexia engadida de reforzar o seu dominio botando abaixo o mercado único europeo e impoñer así un mercado único euro-alemán.

Polo tanto abonda xa de terxiversar a realidade, presentando o endebedamento como a causa da crise cando a propia débeda alemá nos superaba en demasía, sendo o verdadeiro detonante da actual conxuntura as arriscadas operativas bancarias ao "titulizar hipotecas tóxicas", ou o que é o mesmo, revender en anacos hipotecas de alto risco. Práctica financeira que situou ao bordo da quebra á maioría da banca xermánica, sendo o Deutsche Bank a entidade financeira mais implicada, e como dimensión de escala para os efectos de contraste, abonda con dicir, que o burato desta entidade supuxo un equivalente a catro veces o de Bankia.



Se ao feito de ter convertido o seu sistema financeiro no detonante da crise, engadimos que foi directamente o executivo saxón quen promoveu a guerra aberta contra a débeda do Sur; non é comprensible que os países afectados polas súas hostís manobras teñan de recoñecerlle outro papel de xerarquía distinto ao que lle pertence como estado membro, sendo recomendable en razón a iso, en exercicio de defensa promover as indagacións oportunas sobre posible vulneración do dereito da competencia, por canto, resulta notorio o desaxuste entre esixencias e tolerancias, como acontece coa exoneración de control das caixas de aforros alemás, as variables no control do déficit. etc.

Por iso, ante a actual tesitura faise inexplicable entender que mentres a chanceler Merkel, segue empeñada en esnaquizar a economía dos membros do Sur impoñendo a austeridade como única fórmula para superar a crise, o presidente Rajoy despois do sonoro fracaso obtido como consecuencia de tomar partido por este equívoco criterio, agora cando reflexivamente debera darlle unha oportunidade ao cambio, paradoxalmente segue mantendo o discurso da austeridade e a disciplina fiscal como condición ineludible por toda solución.

Ante esta actitude, cando a pesar da medidas de austeridade todos os indicadores confirman que os países do sur da Eurozona non mostran síntomas de recuperación, queira que non, o Executivo  ven obrigado alternativamente a activar políticas que aceleren o crecemento e fomenten o emprego, solución que de non se aplicar con urxencia, acentuará os desequilibrios existentes co mais  que presumible risco dunha explosión social de consecuencias imprevisibles.