24 dic 2010

EU APOSTO POR GARDEL

PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 27 de diciembre . del 2010





Se o extinto Gardel cantaba no seu arrabaldeiro tango que vinte anos non é nada, por pura lóxica, para o cupletista Zapatero cinco anos resultan ser moito menos. Agora ben, este tonadillero do Curral da Moncloa debese cambiarlle a letra á súa copla, pois a verdade queda curta en previsións, xa que para a recuperación económica do noso país, até os vinte anos do tangueiro poden resultar exiguos.

Claro que para un presidente que accedeu ao cargo instalado na mentira, negando por activa e por pasiva o que era unha crise galopante, é pouco arriscado a estas alturas da desfeita, transmitir expectativas de solución remitidas á temporalidade dun lustro, pois quen ten demostrado perder a sensatez, é normal que tome por código a imprudencia.

Pero a realidade apunta noutra dirección, o que noso mandatario debese saber como responsable directo da hecatombe,é, que foi o destempo en asumir a dimensión do problema e a negativa en mitigar o seu alcance, quen fixo que evolucionasen os inconvenientes, e por iso, a gravidade dunha crise excepcionalmente corrosiva, derivase nun cambio de ciclo económico que trouxo inducido a destrución ao completo da estrutura de sectores produtivos, e por derivación, a perda inxente do mercado laboral.

Con todo, o mais grave é que un cambio de ciclo non é nin mais nin menos que a significación de caducidade do modelo produtivo que sustentaba a nosa estrutura socio -económica até o de agora, é dicir, que sectores que historicamente cumpriron unha función tractora da economía, están chamados a desaparecer por razóns de saturación ou desequilibrio entre oferta e demanda, e por tanto, o seu potencial de emprego é capítulo pechado, e  as persoas que mantiñan dependencia laboral dos mesmos haberán de ser reconvertidas, pero para iso, é necesario tempo, medios e alternativas.

Pode antollarse esaxerado, pero a efectos de contraste, podemos afirmar que estamos sumidos nunha situación equivalente á gran depresión do 29, e aínda que cada crise económica ten causas e efectos diferentes, as expectativas actuais orientan mais afinidade con aquelas épocas pretéritas que coa resurrección a curto medio prazo que preconiza o presidente Zapatero.

Un dos factores responsables de crack do 29, foi sen dúbida a sobreproducción, que ao estar desequilibrada con respecto á demanda, produciu un incremento dos stocks até valores intolerables, sendo tal exceso o matriz desencadeante da deflación que ocasionou a redución dos beneficios da economía especulativa, e tal circunstancia, provocou en primeiro termo a desarticulación do sistema financeiro en razón a un exercicio de risco excedido e desmedida avaricia; e resultas diso, a entrada en escena da crise económica xeneralizada con graves desenlaces para o desemprego e a proliferación das tensións sociais.

Aquela depresión do 29 xurdida do milagre ficticio que alimentou a cobiza bolsista, non puido mitigarse até o ano 52, é dicir, 23 anos despois de que se desencadease, resultando contraproducentes, as medidas reactivadoras baseadas en iniciativas de carácter público, inspiradas no crecemento artificial da demanda, sobre a base, da utilización do gasto social como fórmula de promover a ocupación e garantir a renda

Pois ben, nesta España nosa de pandereita e castañolas, parece que o goberno socialista no ano 2007, tomou prestado o espello fantasioso daqueles felices anos vinte a fin de reflectir a imaxe maqueada da nosa realidade económica, o problema foi que cando mais agraciada supúñalla, os negros nuboeiros da crise deixaron caer as primeira pingas e tal circunstancia provocou que se lle correse o rimel, e naquel momento, a fachendosa imaxe transformouse no mais horrendo dos espantallos, e con iso, o simulacro da aparencia daba paso á crúa realidade. Se a política do espellismo foi un engano, o verdadeiramente imperdoable foi estar tres longos anos coqueteando co delirio mentres avanzaba a deterioración.

Está claro que ao PSOE sóbralle tronco pero fáltalle cabeza e extremidades, e con esas eivas  non se pode exercer na política...!

Se o desastre do crack de 29 tivo tan tardía recuperación dispondo dun equilibrio intersectorial produtivo, nun país como o noso, cunha economía dependente maiormente do sector da construción e os servizos, a reactivación presúmese moito mais dificultosa tanto no establecemento do método como do sistema, sendo mais que evidente que o actual stock do sector inmobiliario manterá unha paralización estacional cuxo fin ten membrete de "sine die", e de calquera xeito,  súa recuperación no tempo nunca terá a dimensión e escala que chegou a auspiciar.
O sector servizos por dependencia nutriente da estabilidade da economía xeral, continuará no seu deslizamiento negativo ata que non se incremente o ángulo de inclinación do tobogán do consumo.

Aquí non se trata de deseñar un estudo de detalle,o problema ten maior dimensión e escala, e o que  a situación demanda vía urxencia, é  redactar un novo plan xeral de planificación e desenvolvemento de nosa sistema económico e produtivo, e de antemán este labor precisa da expurga de mediocres e a incorporación de políticos cualificados, pero tamén empeñada tenacidade e mais que nada longo tempo.

Xa que logo, aínda que non me guste o tango, eu aposto por Gardel

18 dic 2010

¡FODER, QUÉ TROPA!


PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 20 de dicienmbre  del 2010






Coma se tratárase duns alumnos do pelotón dos torpes en maridaxe co cotío suspenso, a nosa clase política non cesa en sorprender  aos electores; e calquera con dous dedos de fronte , sen ser experto  politólogo, non ha facer especial esforzo para caer na conta que, distan moito  de ter a cualificación precisa,  para afrontar  con éxito os grandes  problemas que ten este país, e que en verdade, desgraciadamente non son poucos. Podendo dicirse sen risco ao equívoco,  que os actuais  representantes parlamentarios son con diferenza a xeración política mais cativeira e desastrosa  da fecunda  historia democrática,  pero tamén a de maior insolencia e descaro  que nos temos tirado ao corpo.


Este enxame de insuficientes, mais que lograr a súa credencial  na limpeza dun  proceso electoral, semella obtivérana como salteadores de camiños, pois caso contrario non é  descifrable que manteñan o seu rango de representación e non teñan dimitido,  dado que seu facer político, é a antítese dos compromisos contraídos nos seus programas electorais, cuxo contido resultou ser clave para que os cidadáns a través das urnas decantáranse por outorgándolles plenas facultades en representación do interese colectivo. Resultando por tanto que a pervivencia  da actual dicotomía,  á parte dunha fraude electoral en cuberto, trasloce unha afronta que pon en cuestión a solvencia das regras do funcionamento democrático.


Dicir que esta introdución é unha forma suave de censurar lexitimidade a quen amparados na deshonestidade,  promoven reformas económicas de lesiva incidencia para o resto dos cidadáns, e á vez, co maior dos descaros   blindan os seus privilexios  e  distingos  nunha clara demostración de insolidariedade e negativa a arrimar o ombreiro, É obvio que veño de referirme á levada e traída reforma das pensións, en cuxo contido os señores deputados e senadores non ven prexudicado o seu  excepcional  e escandaloso status. É dicir, que con total naturalidade, promoven reaxustes de incidencia a terceiros, mentres os seus dereitos mantéñenos salvagardados e inalterables.


Miúdo código de conduta,  un pouco máis, e fanse controladores aéreos!


Para centrar o desbarre licencioso que promoven  os insignes pais da patria, cabe referir, que a famosa reforma a efectos xerais   afecta a dous aspecto que por diferentes non deixan de ser complementarios, o alongamento  da idade de xubilación que pasa de 65 a 67 anos, e a elevación da  temporalidade de cotización  que pasa de 15  a 20 anos como mínimo  necesario para percibir pensión de xubilación, existindo ademais outros aspectos restritivos en correspondencia ao actual marco regulador.



En contraposición os Deputados e Senadores, pola súa pertenza á divindade, e  como o sobreesforzo que supón ter as  nádegas no   escano, xéralles unha mingua anticipada da súa capacidade física, xa que logo, en compensación, ségueselles aplicando o réxime de excepcionalidade que teñen conferido na actualidade, sen que a reforma modifique un chisco dos seus dereitos e por tanto poderanse retirar aos 60 anos, tendo dereito a prestación polo mero feito de exercer 7 anos nalgunha das cámaras como representante.

Miúdo careto bótanlle súas señorías, nisto o consenso é pleno!

O ecuánime, sería  erradicar  discriminacións entre divinos e humanos,  e aplicar un cálculo sobre o cómputo de toda a vida laboral, como métodos mais xusto e racional no establecemento de proporcionalidade entre a cotización da vida activa  e o receptado tras a xubilación

Pero con todo, parece que as árbores non lles deixan ver o bosque, e existe un empeño obsceno tras a reforma que non é outro que tentar ocultar a súa orixe, pero por mais que se encubra  a verdadeira razón  da metamorfose das pensións, radica no enfraquecemento do seu circuíto de estabilidade, inducido por un receso  laboral de case 5 millóns de parados, un desemprego xuvenil que supera o 44% e unhas  espléndidas prexubilacións aplicadas en temperá idade a traballadores excedentes de sectores en reaxuste ou regulación.

Esta circunstancia crea un efecto descapitalizador e desestabilizador ao que hai que marcarlle  solución inmediata e preferente, suposto contrario, entrariamos nun proceso encadeado de reformas e contrareformas, e con total seguridade ante a propia quebra do sistema, pois o verdadeiro hándicap vén provocado pola convivencia contra natura entre o precario mercado de traballo e a ascendente  evolución demográfica dos pensionistas.

Pero a xulgar polo feitos, a clase política non ten unha soa idea propia para afrontar a saída da crise, e ese é o motivo pola que  establecen a reforma das pensións, cando non é o momento e vai en sentido contrario do  verdadeiramente prioritario que resulta ser a creación de emprego.

O maior empeño debese centrarse e pór todos os resortes dispoñible para dinamizar o mercado de traballo e exporse como primeira meta a  redución do índice de paro á mínima europea, logrando con iso, á parte de erradicar situacións vegoñentas e  antisociais, a  capitalización derivada de ingresos por cotización superiores aos 20000 millóns, e por riba a redución substancial de pagos por desemprego, subsidios e demais prestación.

Finalizo sentenciando  que calquera  iniciativa que relegue o perentorio a condición de accesorio, non fará mais que  prorrogar no tempo a apertura ao futuro, pero constatando que as solucións non xorden por xeración espontánea, á vista do actuado, hase afirmar que  a actual clase política  non acada o nivel de cualificación axeitado para  afrontar esa meta.

A situación demanda con urxencia eleccións anticipadas ou caso contrario a prórroga do desastre está servida, pois estes badulaques non dan máis de seu.

6 dic 2010

ENTRE O DESACATO E O FESTEXO






Sería inimaxinable  concibir un país que non dispuxese  dun marco xurídico supremo, unha norma fundamental determinante das pautas que deben rexer  os dereitos e deberes dos seus cidadáns, e que á súa vez, conformase o vértice da  pirámide funcional das súas institucións.


Eu que sempre mantiven unha postura díscola sobre certos contidos  da actual Carta  Magna, até o extremo de abrírseme dilixencias xudiciais por manifestacións realizadas sobre a mesma, a tempo presente, como demócrata militante   asumo a vontade maioritaria de quen referendaron a súa aprobación, pero por mais tolerancia que me conceda,  sigo  mantendo as miñas discrepancias en razón á carencia de ecuanimidade entre o contido deste   código preponderante e a nosa  realidade como pobo.


Nestes tempos que corren, posiblemente máis que nunca a diverxencia é un todo manifesto, e o quebrantamento cotián do intocable texto constitucional  resulta ser unha constante, que por se mesmo, presupón unha afronta  aos dereitos fundamentais que o marco regulamentario ten conferido aos cidadáns.


Unha sociedade extenuada  como resulta ser a nosa, onde a miseria con maiúsculas  cernese sobre miles de fogares e familias, onde os obrigados  a garantir a dignidade da sociedade, teñen catapultado o paro a cifras de calafrío; mírese por onde se mire, é anticonstitucional que despois do desastre  xerado polos seus excesos e desgoberno, tenten agora, resolver a crise,  suprimindo dunha plumada a vergoñosa esmola de 426 euros, que resultaba ser, a  única percepción daqueles  homes e mulleres que esgotaron a prestación do desemprego.

Á vista dos feitos, semella que algunhas liñas  da constitución quedaron derogadas, ou resulta que,  intencionadamente os  garantes de velar pola mesma,  optan por facer caso omiso do seu contido, e en especial, refírome aos parágrafos que ligan o dereito ao traballo coa garantía a dispor dunha  remuneración suficiente, para satisfacer as necesidades do cidadán e as da súa familia.

Pois miúda maneira de corrixir os desequilibrios...!
Vaia fórmula de promocionar súa cacarexada  política social...!

É dicir, estes señores desde  súa estrutura política, teñen a ousadía de manter invariables  súas suculentas e multimillonarias prestacións económicas por levar  ao país á ruína, e con idéntico descaro, queren  repercutir a factura  da súa hecatombe, en quen, para maior desgraza son directos afectados  dos nefastos resultados  que produciu  o seu desgoberno e irresponsabilidade.

Estes métodos ou maneiras, aproxímannos máis a tempos pretéritos, a épocas de desagradable recordos, co agravante, de que agora consúmase o absolutismo lexislativo, contrariando a ordenación lóxica do marco constitucional, sen importar que o seu contido, veña de representar a vontade maioritaria que os cidadáns manifestaron en referendo o 6 de Decembro do 78; e tal circunstancia por inseguridade xurídica, ameaza con pór en quebra o estado de dereito.

Cada tempo ten  súas dificultades, sendo obvio que hai que encarar solucións, pero se as circunstancias demandan  aplicación de medidas drásticas para superar os atrancos, tales medidas, han concibirse nun mesmo plano de igualdade e sobre a identidade e pervivencia dunha repartición equitativa de cargas e sacrificios, non sendo admisible, que se cancelen prestacións de emerxencia social  aos parados de longa duración, en tanto non establezan solucións operativas ao futuro dos seus  perceptores, e mentres as clases acomodadas ou favorecidas seguen instaladas na opulencia.

Quen de forma duradeira e continuada  sofren o azoute do paro, non poden converterse en chibo expiatorio da crise, non se pode xustificar a retirada da súa imprescindible  prestación, en razón a promesas políticas de solución futura, como o nacemento dunha nova axenda social, ou a promulgación de Lei de Reforma das Políticas Activas de Emprego. Iso non é nin máis nin menos que un método pouco ortodoxo de oficializar a inxustiza e adobala con vexatorias e inxustificables desigualdades, e tal extremo, entra en colisión directa co espírito do incluído constitucional

A Lei Fundamental, non se reforza con festivos no calendario, nin con celebracións protocolarias de pompa e boato, nin moito menos, con lectura ininterrompida  do seu articulado, senón co cumprimento exhaustivo do seu implícito.


 Por tanto para rematar, querería lembrarlles aos responsables de velar pola orde constitucional, que a coherencia  da Carta Magna,  non vén  outorgada exclusivamente pola letra impresa do seu contido, senón pola súa preponderancia, cumprimento, acatamento e inviolabilidade.

 Non sendo de recibo,  que a inobservancia  ou aplicación contraditoria, anule dereitos fundamentais e sitúe á clase social mais débil  en localización de indefensión e desamparo, con indución á realidades dramáticas e emprazamento forzoso na escaseza dos medios necesario para seguir vivindo.

28 nov 2010

OS ENREDOS DO PRESIDENTE

PUBLICADO Diario de Ferrol; martes, 30 de noviembre  del 2010


Mentres o noso país está no ollo de furacán financeiro, en razón á turbulencia desatada pola súa débeda soberana, o presidente Zapatero non cella no empeño de xogar a baza do optimismo, e en tanto a realidade dos mercados apunta en negativo, el, aproveita o conclave macro - empresarial de Moncloa, para declarar con rotundidade que Europa non ve fundamentos sólidos para considerar a necesidade de intervir no rescate da economía do Estado.

Sen dúbida que o novo “gurú” da economía socialista, ou está sumido na éxtase dun egocentrismo de ilusións, ou como sempre, toma escala e dimensión do panorama económico con métrica trucada.

En calquera caso súa capacidade analítica presupón un desencontro coa realidade dos mercados, cando circunscribe a solvencia económica do país ao parecer decisorio dos nosos socios da eurozona, xa que tal criterio, á parte dun contrasenso, delata que o secretario xeral do PSOE, segue sen decatarse que de orixe, os nosos males  son consecuencia da falta de remedios que deberan aplicarse, no canto de desaproveitar o tempo patrocinando  a inexistencia da crise.

Casualmente, o principal detonante de que actualmente a nosa economía estea no punto de mira dos especuladores, foi aquel empacho do executivo socialista, en non asumir coa antelación debida a gravidade dos feitos e deixar que a negación dos mesmos e a desidia operativa, culminasen na presente e irreversible deterioración.

Por tanto o goberno socialista. á marxe do actual empeño en derivar imputacións a torto e a dereito, terán que asumir, que eles son a maior parte do problema e que a súa desmaña impídelles formar parte da solución.

É evidente que España anda á deriva, e nun airiño irase a pique se o seu temón continua en mans destes mediocres adictos ao poder, que por manter o seu status, son capaces de levarnos á bancarrota antes de darse por vencidos.

Para facerse unha composición de lugar deberían asumirse que a débeda externa que acumula os saldos pasivos fronte os pagos de amortización, no noso país está sobrexcedida, e iso fidedignamente é así, pois para desgraza económica no ranking mundial de endebedamento ocupamos a sexta posición en termos absolutos.


Tendo de engadir a todo iso, que en razón ás malas perspectivas económicas e erróneas políticas postas en marcha polo Goberno para combater a crise, outros parámetros ou factores que auspician as actitudes posibilistas dos traficantes financeiros, desencadearon a caída do investimento estranxeiro próxima ao 60%, e por si eramos poucos , destacar a entrada en escena de fuga, de “capital flight”, caracterizada pola liquidación de valores dos investimentos estranxeiros en carteira.



Dicir, que se o investimento foráneo ten decaído no sector privado dificultando o financiamento de empresas e particulares, resulta paradoxal que devanditos recurso, duplicasen seu fluxo cando o obxectivo a financiar son as Administracións Públicas.

Cando eso ocorre, a motivación, non é outra que os enormes buracos orzamentarios, que tentanse taponar emitindo débeda pública de forma extraordinaria, que ao estar ofertada con vantaxosos dividendos, inicialmente o investidor exóxeno catalógaas como activo máis atractivo que os investimentos en carteira,

Pero tal solución o único que ocasionará a curto medio prazo, será marcar un novo  record no déficit público e un incremento da débeda externa, cuxo neto de equivalencia actual ascende 1,027 billóns de euros, e por conseguinte, fará que o saldo entre activos e pasivos continúe crecendo, e entón máis que un rescate, precisaremos a extremaunción administrada “in extremis”

Pero o curioso desta odisea, é que mentres os verdadeiros mandatarios europeos utilizan estratexicamente a intelixencia para acalar rumores e tranquilizar a axitación dos mercados, no sentido de frear balbordos e estraperlos, resulta que o noso presidente, non sabendo ler entre liñas, toma ao pé da letra a mensaxe, e interpretando ao revés a partitura, chega a sentenciar  a inexistencia de fundamentos para entrar ao rescate da economía española.

Con semellante intuición o residente da Moncloa, experto en malgastes e desfeitas, denota, ademais de carencia de coñecementos, un contrasenso asombroso ao non decatarse que a non intervención económica sobre España como membro da Unión Monetaria, abriría a vía de inflación do euro, ou o que é mais grave, a súa máis que probable defunción como patrón monetario.

En resumo, cabe afirmar que os avarentos financeiros son quenllas voraces dispostas a fincar o dente á primeira oportunidade, pero os especuladores políticos, como o presidente Zapatero, son quen a través de nefastas políticas, apostan por engordar o déficit para así transformar a débeda externa en suculento bocado da codiciza especulativa

Claro que ao final sempre asómase algún necio, disposto a sacudir responsabilidades de seu, e imputar a autoría dos males do país a un '”broker” chamado Rajoy,.... Definitivamente este goberno non ten remedio..!


16 nov 2010

VERDADES INCÓMODAS

PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 05 de feb. del 2011






Agora que aproxímanse os comicios municipais, as caixas de correos dos nosos domicilios engordarán o seu volume  de acollida  con publicidade electoral, en cuxo implícito, os concorrentes aos comicios,  farannos chegar unha batería de promesas, que sopesadas e valoradas, por excedidas e desatinadas, facilmente poderemos  concluír, que  para a clase política, salvo excepcións contadas, as  campañas electorais teñen a equivalencia de feiróns  onde prolifera a oferta de entelequias, ou o que é o mesmo, onde téntase vender sacas de fume sen denominación de orixe.


Polo xeral o contido deses  catálogos,  é unha  declaración de intencións exenta de rigor, sen axuste debido á capacidade e solvencia da institución que aspiran rexentar, sendo por iso, que  o descadre coa  realidade sexa  a norma usual  na súa elaboración, ao non vir precedidos seus contidos  da diagnose  económico - financeira correspondente. Tal insuficiencia de precisión, impide o establecemento de previsións  reais, e por tanto, invalida solvencia aos seus contraídos, e por derivación resta credibilidade  aos  entusiastas ofrecementos dos candidatos. .

Pero se as referidas carencias poden ter a súa xustificación na incapacidade científica dos  seus redactores, aspecto distinto, é o feito de non incluír no seu contido, os emolumentos que   asignaranse os candidatos sobre o suposto de que os resultados favorecesen  seu acceso ao executivo municipal, e esa ocultación, de orixe,  denota  unha inclinación á opacidade, que entra en colisión co principio de transparencia que debe presidir o exercicio dunha función política decente..

Tendo de engadir, a indefinición ou carencia nestes folletos electorais,  da posterior incorporación  de asesores políticos ao futuro goberno municipal, que  á parte de supor unha imprecisión  sobre o custo repercutido nas arcas publicas, tales nomeamentos, adoitan recaer en inexpertos coñecedores do municipalismo, o que fai inútil   súa razón de existir.

Salvando a excepcionalidade  que confirman a regra,  pódese determinar  que todo esta paradigma de indefinicións,  delata, que detrás do asalto ao poder dos concellos, imponse a mediocridade concorrente  enlazada coa voracidade  crematística, sobre  a eficiencia xerencial que debese  presidir  a defensa  do interese xeral,  dunha macro - empresa participada por   uns accionistas maioritarios chamados cidadáns.

Agora, cando está próxima  a baixada do pano da   lexislatura municipal, pódese  adiantar balance dunha representación con catro anos en carteleira, e como crítico neutral, cualifico, que sobre as táboas deste Gran Coliseo Comarcal, a  obra interpretada  por un elenco de actores de variadas  tendencias, non pasou de ser un intento de elevar o demérito  a rango   de notoriedade.

Desde este  patio aberto que é a  comarca, os cidadáns residentes,  presenciamos atónitos a interpretación, vendo a uns mediocres arribistas en papeis de repartición  principal e a uns figurantes secundarios  metidos en camisas de once varas, e todos eles,  mais preocupados   polas indicacións dos seus respectivos directores, que por lograr o aplauso do publico  en premio  a unha  boa execución.

Sumando a iso. citar asemade   a incorporación ao acto.  dun  nutrido e esaxerado  cadro de extras  que disfrazados de asesores de confianza, súa  única función limitouse  a adelgazar as  recadación da taquilla. sen aporte de  melloras ou prestancias  para o interese xeral, supondo esa artimaña unha forma indecorosa de repercutir á veciñanza o custe dunha  estrutura disfuncional e inoperante.

Finaliza   esta peza teatral, entre actos de pactos  impactados , desencontros encontrados  e a negación executiva por coroa, o  público enmudece, cando vista a nefasta interpretación,  chegan  coñecer o carto percibido por semellante bufonada .

Algúns sentíndose aludidos, este relato  poderá  resultarlles   grotesco, pero mal que lles pese, en realidade esta é a imaxe que reflicte o espello sobre quen   conforman actualmente os  gobernos municipais  no ámbito da  Mancomunidade, e se os afectados, non son quen de percibir esta realidade,  acontece, que  súa ambición non ten mesura  e contra vento e marea tenta manter prórroga duns privilexios inmerecidos.

O panorama político comarcal pide expurga, é  hora de cambios,  xa non é tempo de libelos  publicitarios, nin de pasquíns enganosos, e moito menos de mensaxería artificiosa, agora mais que nunca o pluscuamperfecto resulta extemporáneo,  Os concellos precisan refresco,  xente nova, candidatos cribles, persoas que antepoñan  os dereitos  inalienable dos seus veciños ás directrices partidistas, en sínteses, algo distinto, os concellos da comarca precisan alcaldes de seu, pois cos presentes estancouse o   futuro.

10 nov 2010

RESISTENCIA ATROZ


PUBLICADO Diario de Ferrol; martes, 16 de noviembre  del 2010






A última remodelación do executivo socialista e o nomeamento de Pérez Rubalcaba como vicepresidente primeiro do goberno, era un feito cantado, pois o aparello do partido socialista, recoñecendo internamente a desfeita electoral que se lles aveciñaba como consecuencia da súa nefasta política, optou por variar súa estratexia, relegando a un  segundo plano a actualidade económica para dar paso á confrontación  política, e ninguén mellor  para dirixir tal labor que o flamante vicepresidente,  pois non el balde,  resulta ser un innegable   experto nestas faenas de axitación de masas.

A incapacidade política en restaurar a orde económica era un feito palpable, e tal circunstancia, estáballes a prorrogar un desgaste imparable, co risco de sufrir, non xa unha derrota, senón  unha desfeita electoral, entón, o triunvirato do imperio socialista (Zapatero , Blanco, Rubalcaba), forman á  disciplinada lexión  no patio da Moncloa, e ordenando paso á fronte, proceden á degradación duns,  e á entrega de despachos  aos que en substitución, serían estrea dun novo executivo de marcado corte  oficialistas, é dicir,  o grupo da hecatombe ao pleno. Nese acto, púñase en marcha “O Plan da Resistencia Atroz”, consistente en despistar a realidade económica, e todos a un tempo, radicalizar a mensaxe política  para advertir ao electorado  dos perigos dun cambio de goberno,  liderado por unha demoníaca dereitona, cos riscos influentes do catolicismo inquisidor e o posible estalido da terceira guerra mundial.

Miúda obsesión en amplificar  a  megafonía do medo..!

E  todo isto, mentres enfundaban ao presidente Zapatero nun traxe de amianto, para evitar  seguise a combustión da súa deslustrada  popularidade,  e coincidindo, comprometían a entrada en escena  do ex presidente Felipe González, para que, con controvertidas declaracións concentrase a actualidade informativa, e así, os despistados  cidadáns irían relaxando  a maior das súas preocupacións. Pero  para tan  enredado plan, era necesario compaxinar estes equinoccios cotiáns con efemérides  cegadoras, que denotasen, a posibilidade dunha remontada electoral, e a ocorrencia fórxase desde  o Consello Territorial do PSOE.

Agora resulta, que esta elite    de iluminados  socialista reunidos en Ferraz,  mostran especial empeño en publicitar  algo novo, o que veñen denominar fachendosamente, como  a reforma das políticas activas de emprego, que a xulgar polas súas declaracións , ten  por meta, lograr a atención personalizada aos desempregados, compaxinando  devandito obxectivo co fortalecemento dos servizos públicos de emprego e a regulación das axencias de colocación privadas.

Polo visto esta xente segue deambulando, accederon ao poder en épocas de bonanza, dedicándose  a exercer de administradores descontrolados, e o resultado traduciuse en situar a estrutura socio - económica do país en posición de xaque  mate. Agora, despois do desaguisado ocasionado, faltos de ideas e carentes de iniciativas, no canto de coller a equipaxe e encartarse en retirada, xustifican  súa continuidade en política dándolle rango de alternativa,  a disparates  peregrinos e triviais.

O que estes señores propoñen, é mais propio dun encontro na terceira fase con abdución incluída, que algo encadrado nos parámetros da consecuencia, sendo recomendable que  dunha  vez por sempre, pousaran os  pés no solo  e estacionáranse na realidade, e entón deixarían de propor fantasías, cando tomado contacto coa evidencia, caesen na conta  que foron eles mesmos no ano en curso, quen aprobaron a  Lei de Morosidade que comprometía o pago das entidades públicas  nun período máximo de 55 días

Que anteriormente a esta aprobación, a morosidade  da administración  fixo que 200.000 autónomos e microempresas, houberon de pechar,  en razón a que o atraso medio de pago da administración tíñase establecido en 158 días, circunstancia, que sumado a folga financeira  da banca, xeroulles unha carencia de tesouraría que deu ao traste coa súa continuidade,
Resultando que actualmente, a pesar da entrada en vigor do novo marco legal, en razón a que o lexislado semella  ser papel mollado, dáse o paradoxo, que a morosidade segue excedida dos índices establecidos, extremo que  abocará cerrar  o ano, con outros 100.000 autónomos e microempresas botando ferrollo á súa actividade.

Recordarlles asemade, que a débeda viva da administración pública rolda os 34.000 millóns, e os postos de traballo destruídos como consecuencia  da dilación, supera o 1.800.000 traballadores., sendo esa por tanto a  materia sensible que ten de poñérselle solución,  e deixar de filosofar sobre os ciclos  de menstruación dos arcanxos.

Xa que logo, se a nova  táctica do PSOE resulta descarada, a súa estratexia destila  perversidade,  o consecuente, sería que os autores intelectuais de semellantes argalladas  predicaran co exemplo, relegando á preferencia de cobro do 50% de  seus emolumentos mensuais  e a cancelación financeira do seu partido  con fondos públicos , en tanto e canto, non saldasen a morosidade con empresas e autónomos.

Teñan por resposta, que mentres non se establezan solucións a este desvarío, as maquillaxes políticas, e as extravagantes iniciativas do PSOE, non deixaran  ser estafas orais, ex profeso fraudulentas.



.

1 nov 2010

DINASTÍA INNOMINADA






Se o futuro de Ferrolterra é vergoñento

o porvir dos seus mozos e mozas é humillante

Maiormente, os activistas promotores da  transición  que desembocou nos  cambios sociais da década do 70, semellaban ser individuos inquietos, fillos dunha  xeración contestataria e combativa contra o  réxime totalitario daquela época, un  colectivo influenciado polo devir das compulsivas revoltas do maio francés do 68; en síntese, unha mocidade comprometida no proxecto dunha rebelión coherente, sobre a premisa  de alcanzar  un cambio social con proxección e persistencia no tempo

Pero a historia soe repetirse, e co  paso do tempo, aqueles contestatarios  que se significaran como batalladores dunha nova orde e a conversión do modelo social, pasado o tempo, a portada da súa proeza transformouse nunha contraportada desvanecida  polo receo, e aquela adolescencia enérxica e comprometida, hoxe camiño da senectude,  ten transmutado as súas inquedanzas de épocas pretéritas, nunha imaxe irrecoñecible reflectida nun espello de impostura e privilexios, e así, aqueles rebeldes, agora instalados nun conformismo egocéntrico, pechan balance de resultados co déficit moral de ter  castrado o futuro á súa propia  substitución xeracional.

Daquela comprometida clandestinidade, uns pasaron a xerarcas sindicais, outros instaláronse na comenencia política, e todos ao unísono, salvo excepcións contadas, dedicáronse a manter súas ambicións de opulencia  de esquerdas, e demostrar cos seus feitos,  todo o contrario do que tiñan preconizado, e así, o que fora un todo transcendental naquela etapa da nosa historia,  trouxo como resultas, o lamentable nacemento da  dinastía innominada, ou o que é o mesmo a  eclosión  dunha  xeración perdida.

Agora resultaba que aqueles heroes da democracia, ás primeiras de cambio utilizaron o seu ideario como papel hixiénico, e unha vez implantados no poder, exclusivamente, chegaron demostrar con fartura, saber satisfacer as súas ambicións e acomodos.  Pero eses descaros de dobre moral  resultan carrexar complexidades, e como non podía ser doutro xeito, coas súas prácticas de pura cobiza  e de sálvese quen poida, cegos de arrogancia non foron quen de albiscar a realidade que se aveciñaba, sendo hoxe aínda,  cando a desfeita fixo madeixa nas súas propias familias, que sigan porfiando non ser os responsables de pechar o futuro aos seus fillos, netos e ao conxunto dos mozos e mozas desta comarca. 


Esas vellas glorias que contan no seu haber coa fatídica  fazaña de ser os colaboradores activos do desmantelamento  industrial da nosa comarca, por pura lóxica, folga a súa continuidade  futura  á fronte de estruturas de representación ou plataformas de decisión, a comarca debe desprenderse de protagonistas negativos que lastran  o seu porvir, por canto a súa inutilidade é unha realidade probada e por tanto é clamorosa a súa ineficacia para restablecer a necesaria política de rehabilitación,  capaz de superar a situación da ruína laboral que nos teñen deixado por testemuña. 

A comarca de Ferrolterra  ten a triste desventura de encabezar os índices de paro da nosa comunidade, pero por ser tal circunstancia unha afronta de seu, a sombría realidade que se cerne sobre os nosos  mozos e mozas, obriga forzar substitución da actual clase dirixente,  a fin de pór  freo a esta hemorraxia continua de quen angustiados e sen expectativas, han recorrer á maleta e tomar  camiño da emigración para abrir porta ao seu negro futuro.

Aquí sobran mensaxes subliminares, liberados sindicais e políticos de pacotilla, pois ao escenario do gran teatro comarcal sóbranlle comediantes, os mozos non poden soportar máis representacións de farsa iterativa, mais discursos ocos de contido, e moito menos, esperas interminables a unha solución de vida  que nunca chega.

A historia desta comarca indica con evidencia meridiana, que os únicos que teñen de ausentarse dos órganos de decisión para a  recuperación do futuro, son esa cúpula de neglixentes,   que en exercicio dos súas funcións ocasionaron que as novas xeracións  vivan nun horizonte sen amencer, que en síntese non son outros que os que sindicalmente, perpetraron o desmantelamento industrial, como tamén os políticos que antepuxeron a garantía do seu cargo aos dereitos do seu pobo, e ademais, o coro de gregarios que por salvar os seus privilexios induciron aos seus propios fillos a ser demandantes de emprego.

Agora eles resultan ser os excedentes, e a dinastía innominada, o verdadeiramente aproveitable e imprescindible!


28 oct 2010

CANDO GOBERNAN OS MEDIOCRES






Quizá máis dun, considere que os meus continuos escarnios e censuras contra o PSOE, sexan froito de resentimentos persoais  exentos de fundamento, é dicir,  que algún pode pensar  que as miñas diatribas obedecen a unha  afección de crise alérxica motivada polo pole da rosa socialista, pois nunca mais lonxe da verdade, a razón é diametralmente oposta,  moito máis  sinxela e concluínte,  simplemente, desbarátame o corpo ver o futuro do país en mans duns mediocres disfrazados de solventes.

Vexan senón e tiren conclusións dunha historia socialista, resulta, que como consecuencia do proceso de reconversión naval, o goberno socialista español, establece un acordo co goberno italiano a fin de situar  nunha segregación territorial de Astano  unha fábrica pantasma denominada Sociedade Italiana do Vidro (SIV Atlántica) para poñer solución aos  excedentes do sector.

Pero fagamos un alto  para  ir collendo ganduxes, pois ben, resulta que antes de tal negociación co goberno trasalpino, o PSOE, someténdose aos ditados europeos en razóns ás limitacións de axudas estatais, (como logo fíxose con Astano), promove a  dilapidación da firma de automoción española Pegaso participada polo INI, que devandito sexa de paso tiña 5 % da cota de mercado en Europa e restaba vendas ás empresas francesas e alemás.

Casualmente en razón a iso, o executivo español toma unha decisión desastrosa apostando como solución pola súa posta en mercado de venda, elixindo como cliente, ao consorcio alemán formado por MAN e Daimler Benz, establecéndose un prezo  de 20.000 millóns, pero de súpeto,. cando o acordo estaba pechado, a  Comisión Europea non autoriza a operación aducindo motivos de competencia.

Claro que en realidade  a circunstancia era a cadranza no tempo da  apertura política dos países do leste, situación  que abríalle aos alemáns unha exclusiva na expansión do seu  mercado de automoción,  por canto a firma española polas razóns expostas non supuña ser competencia de mercado.

Ese foi o motivo   polo cal os propios clientes, nunha turbia manobra,  demandasen caladamente a intervención do goberno alemán para forzar un pronunciamento negativo da operación  por parte do  estamento europeo…….  que cousas nos depara esta Europa, a saber quen estará tras do de Astano!

Pero xa antes de que isto acontecera, o goberno italiano tiraba sedela nese mar revolto, coa intención de non desaproveitar calquera oportunidade para facerse con tan valiosa peza, e a verdade que co bo anzol que representaba ter por aliado ao membro do PSOE Luís Solana e o excelente cebo da SIV atlántica, a picada viña cantada, e así foi coma  a Fiat italiana fíxose con Pegaso, iso si, cunha rebaixa considerable por canto dos 20.000 millóns ofertados polo consorcio alemán, a operación pechouse por 2000 millóns.. A zumenta diferenza a saber onde foi parar!


Pero a coincidencia non se fixo esperar e paradoxalmente,  logrado o ansiado obxectivo da Pegaso, os italianos pregaron velas e retornaron a seu porto de orixe, e unha vez en terra, fartos de risa,  anunciando a cancelación do proxecto  da  SIV Atlántica nos terreos de Astano.


 Non pense ninguén que a tomadura de pelo finaliza aí, a mofa continúa, e os promotores de fábrica ficticia, coñecendo a desmaña política e talante irreflexivo  do seu interlocutor, ao final tentan   xustificar a súa espantada  aducindo circunstancias xeotécnicas, excesos fiscais e un rolo político cantonal no seu propio país, é dicir, xustificacións de quen logrado o seu obxectivo, quere pór terra por medio para non cumprir os seus compromisos,…….pero con todo, os feitos puxeron ao descuberto que  o executivo do PSOE, non dispuña de cualificación precisa para negociar operacións desta envergadura.


Para escándalo público pódolles asegurar, que o propio ministerio  que estaba a subvencionar  o 60% de 17.900 millóns de pesetas de investimento, non dispuña do proxecto da planta,  que devandito sexa de paso, estaba inflado nun 100% respecto de prezos de mercado; que se investiron 800 millóns de pesetas na modificación  do taller de bloques planos da factoría, para posibilitar a implantación da empresa do vidro; que malgastaron fondos públicos a esportas para formar  en Venecia aos hipotéticos recolocados etc etc.
Chegando ao colmo, que  abortada a operación,  o propio Secretario de Estado, desesperado, chama ao concello de Fene, demandado que  condonásemos as cargas fiscais para facerlles recapacitar …….Pero como se pode exercer función `política con semellante expediente,,?

Os italianos foron uns linces    capaces  de ningunear  ao PSOE, pero non lograron tal obxectivo co goberno  que rexia daquela  os destinos do concello  Fene, pois  anticipadamente por xustificada desconfianza, en razón  a información solvente  e coñecemento analítico das súas intencións,   aplicóuselles a fórmula apropiada para deixar  garantido e blindado o importe das  obrigacións fiscais que tiñan liquidado.

Demostrado  queda pois, que onde meta a man un executivo socialista o fracaso está garantido, por iso  esta xente non é de fiar, e por tanto calquera crítica á súa xestión está mais que xustificada, xa que logo han asumir que as verdades inda que se agochen non deixan ser certas.



24 oct 2010

A HEMEROTECA ASASINOU Á METAMORFOSE



“Desde o punto de vista económico, é unha barbaridade a situación de desocupación na que se atopa o antigo estaleiro de ASTANO, integrado no grupo Navantia, sen carga de traballo propia”.

Non pense ninguén, que esta introdución é unha proclama en boca dun combatente polo retorno do estaleiro fenense á construción naval convencional, lonxe diso, o seu verdadeiro protagonista e autor,   non foi, nin mais nin menos,  quen  nos seus anos mozos no campus universitario madrileño, ostentaba satisfeito o sobrenome de Xesucristo  Superstar; e quen a tempo presente  despois de dedicar  súa pródiga  vida laboral  á función iterativa do desempeño de cargo político de confianza, fai gala hoxe, do bastón de mando da corporación ferrolá, é dicir, o incombustible Irissarri,

Claro que a cita non é recente, pois tal manifesto está selado na temporalidade de novembro do 2006, e obedecía exclusivamente a unha estratexia electoral, e tal é así, que  no transcurso da campaña, a súa preocupación por Astano foi en ascenso, chegando mesmo, a propor o rescate da concesión que ten outorgada o estaleiro, imos,  todo un  simulacro de reprobación á política da SEPI.

Era a época da comedia, tempo dos  activos ociosos, ou o que é o mesmo, do empeño consciente  en levantar falsas expectativas para rendibilizar os resultados electorais.

Pero este exercicio  de engano e  oportunismo propagandístico, non resulta unha  conduta illada ou puntual, pois é,  foi e será,  a tapadeira estratéxica  que  a  trama política socialista utiliza  usualmente como revestimento á marxinación permanente que esta comarca vén padecendo  desde os albores do mal chamado proceso de reconversión, e cuxos artífices promotores paradoxalmente foron eles mesmos.

Avala tal criterio, o feito contrastable do papel xogado polos representantes socialistas da comarca  no parlamento do estado, léase, Teijeiro, Couce Pereiro e Javier Carro, quen contrariando seus compromisos electorais,  a posteriori, instaláronse na compracencia, e así, a súa influencia decisoria ao amparo da súa credencial, traduciuse nun constante acatamento e obediencia aos mandatos do  seu aparello  político, aínda que iso, supuxese consumar unha transgresión democrática, por canto accederon ao cargo pola colleita duns votos, para unha vez instalados no posto, utilizalos no prexuízo dos propios votantes e por extensión do conxunto da sociedade  desta  contorna.


A inconvertibilidade endémica e o colaboracionismo continuo  dos representantes do PSOE da comarca, segue sendo o maior  obstáculo para alcanzar  a imprescindible ortopedia industrial que precisamos , pero ademais do xa exposto,  existe un  factor  inducido  que favorece tal circunstancia, que non é outro, que a política de alianza que lles presta a forza nacionalista  (BNG), que pese a quen pese, comendo contradicións, non pon reparo en colaborar institucionalmente con este  gremio de sucursalista e participar como tendeiros rexentes á fronte dun  mostrador común que viñeron denominar como  gobernos de progreso.

Sendo pouco entendible o progresismo nese consorcio de confusión, haberase considerar que tal linguaxe atende a  unha astucia de ocultación de ambicións de poder, pois resulta cando menos pouco xustificable e altamente  comprometido, conformar goberno levando por socio a quen crearon e seguen promovendo a adversidade na maioría dos fogares da comarca……...se iso é progresismo, eu debo ser o bispo de Canterbury!

Contrariando a inscrición recorrente entre  dereitas e esquerdas, os  electores han entender  que ese argot  xa é un discurso rancio,  as adhesións electorais á marxe de significacións partidistas, debesen decidirse sobre a premisa  do compromiso correspondido en evitación que a vontade popular, como agora ocorre, faga que a hemeroteca haxa de asasinar a metamorfose  

Agora que se aproximan as eleccións,  os cociñeiros de sede de Ferraz,  xa  están nos fogóns condimentando un refrito de alucinóxenos para excitar o entusiasmo dos electores, e por aquilo da antelación debida, o primeiro prato fornéceo o vindeiro mércores no campus de Ferrol, o xefe de camareiros  de Navantia.. 


En resumo, á hora de depositar seu voto, os electores  han saber que os dereitos se exercen, e os candidatos han ter presente que os deberes se obrigan, e tan só cando ese binomio tome corpo efectivo, teremos dado o primeiro paso para levar  áncoras e pór rumbo ao futuro.